RCD / RCDEPORTIVO / TORNEOS / CONDE DE FENOSA

TROFEO CONDE DE FENOSA

​O financeiro e filántropo coruñés D. Pedro Barrié de la Maza instituiu no ano 1968 o Trofeo Conde de Fenosa, que organizaría en diante o RC Deportivo, coa excepción de 1970, en que non se celebrou. O RC Deportivo disputouno nas súas oito edicións, sempre celebradas entre mediados e finais de agosto, impoñéndose en tres delas: 1969, 1974 e 1975.

Nas primeiras edicións contou coa participación estelar dos campións da Copa Libertadores de América. O Racing Club arxentino levou a vitoria en 1968, un ano despois de gañar o torneo de clubs de Sudamérica. En 1969, o Estudantes de La Plata arxentino, vencedor da Copa Libertadores aquel mesmo ano, o anterior e o posterior, non foi capaz de superar ao Deportivo (0-0) no encontro final do triangular e quedou relegado á segunda praza.

A edición de 1974 foi unha auténtica festa do fútbol galego, pois a disputaron cinco equipos da nosa comunidade: Deportivo, Ourense, Racing de Ferrol, Celta de Vigo e Lugo, con triunfo coruñés. En 1976 pechouse a historia do trofeo, co triunfo do Atlético Mineiro brasileiro na final ante o Deportivo (2-4), nun torneo cuadrangular que completaron o Celta de Vigo e o Deportivo Galicia venezolano.

Xogadores do nivel dos arxentinos Humberto Maschio, Juan Ramón "La Bruja" Verón, Roberto Perfumo, Daniel Passarella, Norberto "Beto" Alonso ou Alejandro Sabella, os brasileiros Toninho Cerezo, Paulo Isidoro e Reinaldo, os alemáns Jürgen Grabowski e Günter Netzer ou os españois Pirri e Santillana participaron nalgún dos vinte partidos da historia do Trofeo Conde de Fenosa.

PALMARÉS

Ano Campión       Res.       Subcampión Terceiro Cuarto Quinto
1968     Racing de Avellaneda 1-0 Deportivo Flamengo
1969 Deportivo triang. Estudiantes de La Plata Celta de Vigo
1970 Non se disputou
1971 Torpedo de Moscú 3-1 Deportivo
1972 Eintracht Frankfurt 1-0 Deportivo
1973 Real Madrid 2-1 Deportivo
1974 Deportivo 1-0 Ourense Racing de Ferrol Celta de Vigo Lugo
1975 Deportivo triang. River Plate Bonsucesso
1976 Atlético Mineiro 4-2 Deportivo Celta de Vigo Deportivo Galicia