RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Torneo RC Deportivo

TORNEO RC DEPORTIVO

Todos os anos, desde 2004, o Día das Letras Galegas é tamén o día da festa do fútbol base en Abegondo. Cada 17 de maio, excepto entre 2020 e 2022 pola pandemia, o Torneo RC Deportivo congrega por centos de equipos Benxamíns e Prebenxamíns de toda a xeografía galega, ofrecendo aos nenos e nenas, desde 2014, a posibilidade de disputar todos os seus partidos sobre os terreos de xogo de céspede natural nos que cada día adestran e xogan todos os equipos do Dépor. A partir de aquela edición, a número 11, o espazo ocupado polo campo de herba artificial da Cidade Deportiva de Abegondo dedícase a actividades lúdicas e hostalería, para que tanto os rapaces como os seus familiares poidan gozar do día con todas as comodidades e sen un só instante de aburrimento.

Na súa edición de 2019, a número 16, máis de 10.000 persoas, entre participantes e acompañantes, gozaron dun día inesquecible. 78 clubs, 205 equipos (88 en categoría Prebenxamín e 117 en categoría Benxamín), 3.075 futbolistas e máis de 12 horas ininterrompidas de competición en 16 campos. Desde as 09:00 horas e ata as 21:15 o fútbol non parou nunha das xornadas máis importantes do ano para o Club, a do Torneo Real Club Deportivo.

Inscricións para a edición 2024 AQUÍ