RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ES
#ANOSAFORZA

Que din os rumorosos? Que así fixeron historia 30.666 seareiros galegos en O Noso Derbi

O estadio de Riazor acolleu antonte ás 22:00 horas un deses momentos que pasarán á historia do fútbol galego. Deportivo e Celta saltaron ao terreo de xogo mentres todos os afeccionados presentes en Riazor entoaban os acordes do himno de Galicia. 30.000 deportivistas e case 700 celtistas xuntaron as súas voces para amosar ao mundo unha das imaxes máis espectaculares da historia dos derbis.

Conformando un mosaico en todo o estadio no que, ademáis das cores do Deportivo e as lendas Forza Dépor e 1906, destacaban dúas grandes bandeiras de Galicia nos fondos de Marathón e Pavillón. Dous minutos nos que os máis de 110 metros cadrados de cada un dos videomarcadores amosaban, ondeando ao vento, a camiseta do Dépor que loce as cores da bandeira de Galicia xunto coa letra do himno escrito por Eduardo Pondal e musicado por Pascual Veiga en 1890.

Sen dúbida, un momento cheo de emoción e significado, nesa decidida vontade que o Real Club Deportivo e o Real Club Celta teñen de normalizar as relacións entre as súas afección alén da rivalidade que debe existir durante os 90 minutos do noso derbi tanto dentro como fóra do terreo de xogo.