DÉPORCAMPUS CABREIROÁ INDOOR
Por segundo nadal consecutivo a Fundación Real Club Deportivo organiza o II DéporCampus Cabreiroá Indoor, do 26 ao 30 de decembro de 2018, nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña (A Grela) e PadelPlus (Alvedro). Unha actividade exclusiva pero ao alcance de todos, na que poden participar ata 90 nenos e nenas (45 por sede) de 6 a 12 anos que queiran gozar da experiencia Dépor este fin de ano.
Os DéporCampus Cabreiroá Indoor teñen como principal obxectivo o perfeccionamento dos fundamentos técnicos dos xogadores: a condución, o control, o pase, o caneo e o golpeo de balón, nunhas condicións de adestramento e unas instalacións propicias para a mellora individual do xogador, supervisados por técnicos da canteira do Real Club Deportivo.
INFORMACIÓN DO DÉPORCAMPUS CABREIROÁ INDOOR
· Quen o organiza: a Fundación Real Club Deportivo
· A quen vai dirixido: a nenos e nenas de 6 a 12 anos
· Cando se realiza: do mércores 26 de decembro ao domingo 30 de decembro de 2018
· Onde se realiza: Fútbol Indoor Coruña (A Grela) e PadelPlus (Alvedro)
· Cal é o seu horario:
Futbol Indoor Coruña, quenda de mañá, de 10 a 14 h.
PadelPlus, quenda de mañá, de 10 a 14 h.
· Profesorado: Técnicos da canteira do Real Club Deportivo
· Que inclúe:
Transporte gratuíto
Seguro de accidentes deportivo
Un equipamento deportivo por alumno (camiseta, pantalón e medias)*
Almorzo (auga e froita)
Diploma
1 entrada para un partido do Dépor en ABANCA-RIAZOR
Sorteo de agasallos
*O equipamento poderá ser recollido na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR unha vez anunciada a súa dispoñibilidade vía correo electrónico. Os participantes deberán levar obrigatoriamente botas multitaco ou zapatillas deportivas, non botas de fútbol de tacos.
· Tarifas:
Sen desconto: 130 euros
Con desconto: 110 euros
Aplicarase un desconto nos seguintes casos:
1. Socios/Accionistas do Real Club Deportivo
2. Familias numerosas
3. Familias que inscriban a máis dun fillo (aplicarase o desconto para cada un deles)
4. Xogadores pertencentes as Escolas Fútbol Indoor Coruña (únicamente na sede Fútbol Indoor Coruña)
· Rutas de transporte gratuíto:
RUTA 1 FÚTBOL INDOOR CORUÑA (Saída 09:30 h.)
09:30 h. DÉPORTIENDA
09:35 h. PRAZA DE PONTEVEDRA (RC DEPORTIVO)
09:35 h. LABACA
09:40 h. ALFONSO MOLINA (ESTACIÓN)
09:40 h. ELVIÑA (AV. SAN CRISTOBAL)
RUTA 2. PADELPLUS (Saídas 09:15 h.)
09:15 h. DÉPORTIENDA
09:20 h. PRAZA DE PONTEVEDRA (RC DEPORTIVO)
09:20 h. LABACA
09:25 h. ALFONSO MOLINA (ESTACIÓN)
09:25 h. ALFONSO MOLINA (CARREFOUR)
09:30 h. ALCAMPO
09:35 h. IGREXA DE VILABOA
· Forma de pago
Unha vez confirmada mediante correo electrónico da organización a dispoñibilidade da praza, o pagamento realizarase mediante ingreso bancario na conta ES15 2080 0012 3530 4004 4125 nun plazo máximo de 48h. Unha vez feito o ingreso, deberá enviarse o xustificante de pago a deporcampus@rcdeportivo.es. De non completarse o procedemento, a reserva de praza quedaría anulada, accedendo a ela o seguinte participante por rigorosa orde de inscritos.
· Máis información
Fundación Real Club Deportivo
981 259 500 (Extensión 2)
deporcampus@rcdeportivo.es
www.rcdeportivo.es/deporcampusindoor
PREINSCRICIÓN
O prazo de inscrición remata o xoves anterior ao comezo do DéporCampus (xoves 20 de decembro).
As prazas son limitadas: 45 por sede.
A orde de inscrición será a que sinale automaticamente o horario do sistema informático de inscricións unha vez cuberto e enviado o seguinte formulario.
Cubrir e enviar o formulario non garante a inscrición, só serve como preinscrición.
A organización poñerase en contacto por correo electrónico con cada preinscrito para completar o procedemento: pago da inscrición e peche da mesma.