RCD / DÉPORCAMPUS MAURO SILVA

DÉPORCAMPUS MAURO SILVA

A Universidade da Coruña e o Real Club Deportivo presentan, un ano máis, unha das actividades con maior implantación na sociedade e no deporte da cidade en Semana Santa: o DéporCampus Mauro Silva que desde hai 20 anos acolle o INEF de Bastiagueiro, unha experiencia única que non podes perder.

- INSCRIPCIONES -

INFORMACIÓN DO XX DÉPORCAMPUS MAURO SILVA

15, 16 e 17 de abril.

Nenos e nenas entre 4 e 12 anos. 

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia). Bastiagueiro. A Coruña.

O DéporCampus Mauro Silva está pensado para ensinar algúns aspectos relacionados coa práctica do fútbol así como fomentar a creatividade e o compañeirismo a través de obradoiros variados.

Contaremos coa presenza de futbolistas do Dépor, que nos contarán as súas experiencias, poderemos facerlles preguntas, fotografarnos con eles e conseguir o seu autógrafo.

O principal obxectivo do Campus é que os/as rapaces/rapazas se divirtan e fomentar a convivencia e a solidariedade.

Dedicaremos unha xornada á familia, na que os pais e os familiares que o desexen poderán xantar cos seus fillos. Pola tarde xogaranse partidiños entre pais e fillos.

INSCRICIÓNS

Do 20 de marzo ao 10 de abril

Prazas limitadas

A inscrición realizarase de maneira online a través da web:

www.udc.gal/deportes

Área de Deportes da Universidade da Coruña.

Tlf: 881 011 904 - 881 011 905 - 881 011 906

PREZOS DE 4 A 5 ANOS

Fillos de membros da comunidade universitaria ou socios do RC Deportivo 60€

Non membros da comunidade universitaria nin socios do RC Deportivo 80€

Desconto de 10€ a partir do/da segundo/a irmán/irmá

PREZOS DE 6 A 12 ANOS

Fillos de membros da comunidade universitaria ou socios do RC Deportivo 95€

Non membros da comunidade universitaria nin socios do RC Deportivo 115€

Desconto de 10€ a partir do/da segundo/a irmán/irmá

O DéporCampus Mauro Silva conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes

CHARLAS

15, 16 e 17 de abril

Visita de futbolistas do Dépor, Fabril e Dépor ABANCA

12 DE ABRIL

19:00 h.

Presentación no Salón de Actos do INEF

Confección de grupos e entrega a todos os inscritos de material deportivo e os horarios e as paradas dos autobuses

GRUPOS DE 4 A 5 ANOS

10:00 - 14:30 h.

Terán unha programación específica que constará de:

Obradoiros variados

Educación física base

Merenda

Fútbol

Xogos predeportivos e cooperativos

Inchables

Xantar

GRUPOS DE 6 A 12 ANOS

10:00 - 14:30 h.

Fútbol

Sala de usos múltiples

Merenda

Piscina

Obradoiros variados

14:30 - 19:00 h.

Xantar

Tempo libre

Competición

Merenda

Charlas