RCD / ESCOLA

ESCOLA RC DEPORTIVO

A Escola RC Deportivo ten como principal obxectivo complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas da Coruña, de maneira individual, personalizada e atendendo ás necesidades de cada un.

Nela, trabállanse contidos complementarios ao traballo que puidesen desenvolver nos seus clubs, no seu tempo libre ou para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, adestrando baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

A quen vai dirixida?

A nenos e nenas de entre 6 e 12 anos

Cando e como se realiza?

A Escola ten unha duración anual (Temporada 2018-2019), coa opción de matricularse como mínimo 1 mes e de adestrar 1 ou 2 días á semana, mércores e venres, en quendas de 1 hora. As quendas son as seguintes:

MÉRCORES / VENRES

1º Quenda: 17:00 h. a 18:00 h. (Límite de prazas: 20)

2º Quenda: 18:00 h. a 19:00 h. (Límite de prazas: 20) PRAZAS COMPLETAS VENRES FEBREIRO 2019

3º Quenda: 19:00 h. a 20:00 h. (Límite de prazas: 20) 

Onde se realiza?

Nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña
R/ Severo Ochoa 10 - Pol. Ind. A Grela - 15008 A Coruña

Quen é o profesorado?

Adestradores da estrutura do Fútbol Formativo do Real Club Deportivo

Cal é a súa metodoloxía?

Elabórase un programa adaptado a cada xogador, en función ao seu nivel de práctica, necesidades ou experiencias para a súa mellora individual e colectiva dentro do xogo.

Trabállanse todos os fundamentos técnico- tácticos (individuais e colectivos), para que o xogador sexa capaz de superar os problemas en contextos de xogo específicos.

  • Grupos reducidos.
  • Gravación de adestramentos e corrección de erros.
  • Mellora de xestos técnicos e compresión táctica do xogador.
  • Competición interna de avaliación.

Que inclúe?

  • 1 ou 2 horas de adestramento/semana con técnicos do Real Club Deportivo
  • Seguro de accidentes
  • Equipamento deportivo exclusivo Macron (Camiseta e pantalón)
  • Diploma ao finalizar a súa estancia na Escola (Mínimo 1 mes)
  • Participación sorteos de agasallos, entradas, entre os integrantes da Escola

Importante: Os nenos e nenas poderán ducharse unha vez finalizado o adestramento na propia instalación. Para iso deberán traer útiles de aseo como toalla, chanclas ou champú. Para poder adestrar os nenos e nenas é obligatorio acudir con botas de fútbol sala (Sen tacos)

Tarifas

A primeira vez que se inscriba na Escola deberá abonar a matrícula que será de 30€ prezo normal e 25€ prezo reducido.

Opción 1h/semana: Pódese acudir unicamente a adestrar un día (mércores ou venres)

Sen desconto 50€/mes

Con desconto 45€/mes

Opción 2h/semana: Pódese acudir unha hora os mércores e outra os venres

Sen desconto 95€/mes

Con desconto 85€/mes

Aplicarase un desconto nos seguintes casos:

  1. Socios/ Accionistas do RC Deportivo
  2. Familias numerosas
  3. Familias que inscriban a máis dun fillo (Aplicarase o desconto para cada un deles)
  4. Participantes nos DéporCampus Cabreiroá 2018

*Importante: A participación mínima deberá ser mensual, non podendo darse de baixa un alumno ou alumna que se matriculou nese mesmo mes. (Salvo por causa de forza maior). A baixa deberá solicitarse previamente 10 días antes de finalizar o mes.

*Se xa participou na Escola e dispón da equipación Macron, non deberá abonar a matrícula e deberá vir correctamente uniformado co equipamento deportivo que lle foi entregado. 

Forma de pago

Mediante ingreso ou domiciliación a xestionar unha vez feita a preinscrición.

Contacto

escola@rcdeportivo.es

981 259500 Ext. 2.

Praza de Pontevedra, 19 1º

15003 A Coruña

RCD / Inscripciones Escola RC Deportivo 2018-2019

Opcións

Preferencia horario

Talle do equipamento

Autorizo a realización e difusión de fotografías do/a alumno/a

Enviar