RCD / AMPLIACIÓN

 

DEPORTIVISTAS,

como cada temporada afrontamos momentos que marcarán o noso presente e o noso futuro: no campo, nas bancadas e nos despachos sempre nos xogamos algo. O que vincula e o que nos fai especiais en cada un deses ámbitos é a forza que os Deportivistas unidos temos para apoiar ao equipo e ao Club sempre que o necesita. Nunca nos fallastes e, sempre que foi necesario, mollástesvos polo Dépor.

De novo é tempo de acción, de que cada un, na medida das vosas posibilidades, sumedes recursos para facer máis robusta e estable a estrutura financeira do Deportivo, para que, se como agora, toca afrontar momentos complicados, o Dépor, co empuxe da forza do Deportivismo, poda superalos e siga sendo a entidade da que todos sentimos orgullosos, pola que nos sentimos mellor representados.

Por iso, queremos que participedes na Ampliación de Capital que, nos meses de agosto e setembro de 2020, permitiravos aumentar a vosa achega e participación na estrutura accionarial do Club, colaborando no esforzo colectivo de reforzar os alicerces desta institución que é de todos e para todos.

Deportivistas, é tempo de acción, toca volverse mollar!

 

FASES E CARACTERÍSTICAS DA AMPLIACIÓN DE CAPITAL


Cambiar imagen

Tamén podes comprar as túas accións presencialmente na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de La Habana s/n) en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Outra vía de compra de accións é mediante transferencia bancaria á conta 

ES25 2080 0012 3030 4005 2532

remitindo por correo electrónico a accionistas@rcdeportivo.es a copia do DNI e o xustificante da transferencia.

Nos dous primeiros casos, online e presencial, é posible financiar a operación con ABANCA. Infórmate en accionistas@rcdeportivo.es


 

 

Nesta ligazón está dispoñible a documentación detallada explicativa da Ampliación de Capital do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD

DOCUMENTACIÓN