RCD / #ANOSACANTEIRA

#ANOSACANTEIRA

Case dous centenares de novos futbolistas forman parte do sementeiro deportivista. A canteira branquiazul, #ANOSACANTEIRA, está formada por once equipos, desde o eterno Fabril, o paso previo a vestir a camiseta do primeiro equipo, até o Benxamín B, composto polos cativos de 7 e 8 anos que xa soñan con saltar algún día ao céspede de ABANCA-RIAZOR. Na Cidade Deportiva de Abegondo traballan con eles unha vintena de adestradores e unha decena de axudantes, entre preparadores físicos, fisioterapeutas, técnicos ou delegados. Todos cun mesmo e único obxectivo, o de crecer día a día para alcanzar o soño de vestir de branquiazul en Primeira División.

Filtros

Buscar
Reset

01/02/2016 16:56 |

Nova goleada do Alevín B na Segunda Fase da Segunda Comarcal

O Alevín B logró ante o Calasanz D unha nova goleada (14-0), na Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º. Yago (3), Javi (3), Meki (2), Dani (2), Noah (2), Manu e Diego foron os autores dos goles nun partido sen apenas historia. Con este resultado, o Alevín B encabeza a clasificación do grupo con 12 puntos en catro partidos disputados; 3 puntos más que Escravas, Vitoria D e Obradoiro, que levan 9 puntos cada un. O Escravas será o próximo rival do Alevín B.

30/01/2016 12:47 |

O Benjamín A non pasa apuros ante o Olímpico

O Benjamín A apenas pasó apuros para derrotar ao Olímpico (8-0), en partido da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas, disputado en Abegondo. Óscar (2), Pablo (2), Álvaro, Adrián, Jorge e Zoe foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o conxunto deportivista suma 43 puntos á fronte da clasificación. O Raio Sadense A será o próximo rival do Benjamín A en esta competición.

23/01/2016 21:44 |

O Benjamín B suma ante o Luís Calvo C a súa décimo terceira vitoria consecutiva na liga

Impecable a traxectoria do Benjamín B no seu grupo da Segunda Comarcal. Sumó en Abegondo ante o Luís Calvo C (6-1) a súa décimo terceira vitoria consecutiva, con goles de Alex (2), Bruno, Dani, Dairon e Eli. Así pois, os deportivistas son líderes do seu grupo con 39 puntos, 5 puntos más que o Imperátor C, segundo clasificado con 34 puntos. O Calasanz C será o próximo rival do equipo branquiazul nesta competición.

16/01/2016 20:51 |

Partido case de trámite do Benjamín A

O Benjamín A disputó ante o Sporting Cambre A un partido case de trámite, a tenor da diferenza (17-0) existente entre ambos os conxuntos. Con este resultado, o Benjamín A é líder de grupo con 37 puntos, por 36 o Ural, segundo clasificado. O Calasanz será o próximo rival do Benjamín A.

16/01/2016 20:48 |

Paso de xigante do Benjamín B, que afianza o seu liderado

O Benjamín B impúxose (9-0) á Atlético Arteixo C e, grazas ao empate do Imperátor C (segundo clasificado) ante o Ural C (2-2), o equipo deportivista amplíá súa vantaxe á fronte do grupo. Agora mesmos 36 puntos suma o Benjamín B por 31 o Imperátor C. Eli (3), Pablo, Jairo, Alex, David, Bruno e Dairon foron os autores dos goles branquiazuis ante a Atlético Arteixo C, nun partido de claro dominio deportivista. O Luís Calvo C será o próximo rival do Benjamín B do Deportivo.

10/01/2016 13:27 |

O Benjamín A imponse ao San Tirso e mantense no liderado do seu grupo

O Benjamín A solventó con nota a visita do San Tirso A (6-1) a Abegondo e mantense á fronte do grupo da Coruña - As Mariñas da Primeira Comarcal. Óscar (2), Dani (2), Samuel e Luís foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o Benjamín A é líder con 34 puntos, por 33 do segundo clasificado, o Ural. A próxima semana, o Benjamín A recibe en Abegondo ao Sporting Cambre A.

10/01/2016 13:05 |

Triunfo sen complicacións do Benjamín B en Sada

O Benjamín B impúxose ao Raio Sadense B (0-10) nun partido cómodo para os futbolistas branquiazuis. Álex (2), Bruno (2), Dani, Carlos (2), Pablo, Eli e Jairo foron os autores dos goles. Con este resultado, o Benjamín B é líder do grupo da Coruña - As Mariñas da Segunda Comarcal con 33 puntos, 3 puntos más que o Imperátor C, segundo clasificado con 30 puntos. A Atlético Arteixo C será o próximo rival do Benjamín B.

20/12/2015 18:04 |

Traballado triunfo do Benjamín A en Carballo ante un potente Luís Calvo

O Benjamín A impúxose (2-3) ao Luís Calvo nun disputado partido. Dani, Samuel e Óscar foron os autores dos goles branquiazuis. Con este bo resultado, o Benjamín A continúa á fronte da clasificación do seu grupo (A Coruña - As Mariñas) de Primeira Comarcal con 31 puntos, 1 punto más que o Ural, segundo clasificado. O San Tirso A será, en xaneiro, o próximo rival do Benjamín A en esta competición. A próxima semana, concretamente o domingo 27 de decembro, o Benjamín A competirá no Torneo de Nadal do Ural.

19/12/2015 22:25 |

Novo triunfo dun Benjamín B consolidado no liderado

O Benjamín B derrotó ao Paiosaco B (13-0) e continúá súa marcha imparable á fronte do seu grupo (A Coruña - As Mariñas) da Segunda Comarcal. Os deportivistas son líderes con 30 puntos de 30 posibles. Sóo o Imperátor C, con 27 puntos, aguanta o forte ritmo branquiazul. A próxima semana, o Benjamín B disputará o torneo do Once Cabaleiros. O 9 de xaneiro, o rival en liga será o AD Raio Sadense B.

2689-2700 de 2711