RCD / #ANOSACANTEIRA / FABRIL

FABRIL

Filtros

Buscar
Reset

31/05/2004 19:38 |

Perico Ramallo vaticina unha eliminatoria igualada

Perico Ramallo, técnico fabrilista, vaticina ante o Pegaso unha eliminatoria igualada. "É un equipo correúdo, que recibe poucos goles, pero tamén lle custa marcar", apunta Perico sobre o equipo dirixido polo ex deportivista Alfredo Santaelena. O adestrador deportivista lembra que hai dúas semanas lesionouse o seu principal goleador, "e tiveron que fichar un recambio de urxencia".

30/05/2004 22:33 |

O Deportivo B empata e xa se centra na fase de ascenso

O Fabril Deportivo B empatou hoxe ante o Lugo a 2 goles, obra de José Luís e Ondina, nun partido no que Perico Ramallo reservou a moitos titulares habituais, entre eles os que xogaron o amigable do xoves co primeiro equipo branquiazul. O filial branquiazul finalizou a liga clasificado en 3ª posición.

29/05/2004 23:02 |

Resultados de categorías inferiores

O Deportivo infantil que militou esta tempada na liga Galega disputou este sábado no campo de herba artificial de Oira o quinto Memorial Manuel Quintana Fernández. O Deportivo formou no Grupo A con o Areosa, ao que gañou por 3 a 0, e o Lugo, ao que gañou por 2 a 0. O outro grupo, o B, estaba formado polo Celta, o Pavillón Paternina e o Abambres Sport de Vila Real. A final disputárona o Deportivo e o Celta e impúxose o infantil celeste por 1 gol a 0.

22/05/2004 15:25 |

Perico convocou a 17 futbolistas para visitar ao Portonovo

Os 17 futbolistas do Deportivo B convocados por Perico Ramallo para o partido deste domingo ante o Portonovo está formada por estes futbolistas: David, Pablo, Borja, José Luís, Dani, Torrente, Juan, Vilarchao, Pita, Iván Campos, Ondina, Pablo Fernández, Pablo Martínez, Gonzalo, Jorge Rodríguez, Jonathan e Xisco. Son baixas por sanción Ramón e Jorge González; e lesionados Antonio, cunha sobrecarga nun adductor e Pepe.

18/05/2004 19:30 |

Partidos de categorías inferiores para o fin de semana

O domingo o Fabril Deportivo B visita o Campo de Baltar -Portonovo- para o seu partido de Liga de 3ª División Grupo I ante o Portonovo SD. Será ás 17:30 horas. O sábado, 22 de maio, os Alevíns de Fútbol 7 disputarán no campo de La Torre 3 ás 10:30 horas un partido ante o Orzán.

2833-2844 de 2914