RCD / #ANOSAFORZA

#ANOSAFORZA

A Coruña é unha cidade futboleira desde os inicios deste deporte. O RC Deportivo foi un dos primeiros clubs españois en dispor dun campo propio e tamén dos primeiros en contar cun grande estadio, xa nos anos 40 do pasado século. Con máis de 24.000 socios, o RC Deportivo é un dos clubs con maior arraigamento en proporción á poboación da súa cidade. Un de cada dez coruñeses asiste a ABANCA-RIAZOR cada quince días. Eles, e os moitos deportivistas que animan desde outros recunchos de Galicia e do planeta, son o motivo polo que día tras día case 300 persoas, desde o céspede até as oficinas, dan o mellor de si mesmas. Por todo iso, a nosa afección é o alicerce que sostén ao RC Deportivo: #ANOSAFORZA.

RCD / Noticias
Filtros

Buscar
Reset

28/05/2011 01:33 |

Grazas, Ánimo e Parabén

O meu nome é Nicolás e a pesar de que levo xa vinte e sete añvos en Madrid, seguín, sigo e seguiré sempre ao Deportivo, e, nestes momentos difíciles, non quixen deixar de enviar esta mensaxe aos responsables do club, desde o seu Presidente, Augusto César Lendoiro, ata a súa Xunta Directiva e todos os profesionais que traballan neste Gran Club, e que en más dunha ocasión, xa fose directamente comigo ou con alguén da miña contorna, demostráronme que traballan ben.

20/05/2011 12:18 |

A primeira e última vez que chorei polo fútbol

Tendo en conta todo o que está caendo actualmente, non sóo en España, senón en todo o mundo, sería moi banal non falar da crise, as manifestacións, as eleccións, Fukushima, sería prácticamente unha aberración falar de futbol, por exemplo. Mira por onde... o meu primeiro artícu será banal e unha aberración descomunal. Non podo empezar doutro xeito este blogue de cordos e recordos que non sexa analizando a actualidade futbolística que me trae recordos entrañables e non tanto. A falta dunha xornada para que termine a liga e con todo o que aparentemente importa decidido, algunhas minorias, entre as que me inclúo, atopámonos nun sinvivir. 

20/05/2011 12:14 |

Isto é o Dépor

Non, non é só fúbol. Son viaxes a Gijón, a Madrid, a Sevilla, a Valladolid, a Pamplona, a Barcelona..., son xogadores, son corpo técnico, son utilleros, son o Fabril, son a canteira, son xornalistas, son fotógrafos, son os Riazor Blues,é a porta cero,a afición nos hoteis, no aeroporto, son os partidos de Champions contra o Mónaco, contra o Liverpool, contra o Olympiakos, contra o Milan... son os goles, as paradas,as derrotas inxustas e os triunfos inmerecidos, son os partidos do cinco, do nove, do dez, son os partidos do Teresa Herrera, os de Liga, os de Copa..., é Riazor, é Abegondo, é a fonte de Catro Camiños, son os añséndovos socio, os partidos coa túa familia, os partidos cos teus amigos,os partidos co de á beira, que non coñeces, pero que estáis unidos polo mesmo sentimento, son os partidos en muletas, os partidos con febre, os partidos baixo a auga ou baixo un sol abrasador... É a ilusión, a entrega, o sacrificio, a humildade, a derrota, a vitoria, o empate, a desesperación, os triunfos, as lagrimas derramadas de alegría e as de tristeza... Para o meu, isto é o Depor, NÓS SOMOS O DEPOR!

19/05/2011 11:34 |

Carta aberta ou Deportivismo:

Levo tempo cavilando en levar a cabo esta carta, unha carta dun deportivista mais que quere adicar unhas liñas a esta afección que esta a demostrar ser a mellor de primeira, todos vos que coma min levamos as cores e ou escudo do DEPOR correndo polas vexas estamos a sentir e padecer polo noso clube pero nestes tres días que quedan temos que defender e apoiar a nosa entidade.

18/05/2011 17:10 |

Scaloni: Os seareiros serán o xogador número 12

O ex xogador do Dépor Leo Scaloni fixo chegar ao Real Club Deportivo esta mensaxe de apoio: "Quero trasladar a todos, afición, Presidente, Consello de Administración, técnicos e futbolistas todo o meu apoio para este partido tan importante para nós os deportivistas. Os seareiros serán o noso xogador número 12. Lamentablemente non podré estar porque xogo co meu equipo pero estaré allí co meu corazón. Imos Dépor!" podes ler outras mensaxes con Sentimento Deportivista aquí

12/05/2011 11:20 |

Ser Deportivista é un sentimento marabilloso

Escribo esta mensaxe co fin de que alguén lea o que sentí este martes en Riazor. Son coruñesa de nacemento, deportivista ata a morte, e vivo en Lalín (Pontevedra) por motivos familiares. O martes pasado recogí aos meus fillos no cole e saímos cara ao meu Coruña para ver ao noso depor, para animar todo o posible, con muchísimos nervios pero non menos ilusión por un equipo no que confíou e no que poño a miña fe e toda a miña ilusión cada xornada. O ambiente en Riazor era impresionante.....

12/05/2011 00:41 |

Carta dun deportivista desde Almería

A afición do Dépor está cada vez más presente por todo o mundo, e en momentos como os que estamos a atravesar é cando más faise notar, desplazándose desde miles de kilómetros tan só para ver un partido como o de onte, ou simplemente trasladando o seu apoio incondicional a través de mensaxes que chegan ao Club por todas as vías por exemplo a carta deste afeccionado de Almería.

397-404 de 404