RCD / #ANOSAFORZA / OAD

Oficina de Atención al Deportivista (OAD)

A Oficina de Atención ao Deportivista (OAD), é o punto de encontro entre o Real Club Deportivo e todos os seus afeccionados. Nela aténdense de forma personalizada todas as suxestións, propostas e inquietudes dos seusaccionistas, socios e seareiros en xeral. O obxectivo da OAD é asistir e contribuír con atención, dedicación e eficiencia a todos os Deportivistas. En definitiva, unha proposta de valor diferencial centrada en achegar solucións e optimizar a atención de todos e cada un dos nosos afeccionados.

DESPACHOS DE BILLETES OAD

Co obxectivo de mellorar a cobertura e a idoneidade do espazo dos Despachos de billetes do Estadio ABANCA-RIAZOR, o Club presenta novos despachos máis modernos e funcionais situados na Avenida da Habana para atender todos os deportivistas durante a Campaña de Abonos e o resto do ano.

O horario da Oficina de Atención ao Deportivista é de luns a venres de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.00 horas. Os días de partido, nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor, o horario é continuado de 11.00 até o comezo do encontro.

atencion.deportivista@rcdeportivo.es

(+34) 981 259 500 extensión 1