RCD / #ANOSAFORZA / PEÑAS / Documentación Peñas

COMO CREAR UNHA PEÑA?

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A TRAMITACIÓN DA INSCRICIÓN DAS ASOCIACIÓNS SEN ANIMO DE LUCRO QUE SE REXEN POLA LEI ORGÁNICA 1/2002, DO 22 DE MARZO (B.O.E. DO 26-03-2002)

  • Instancia solicitando a inscrición da Asociación.
    a. Nas asociacións de ámbito provincial: Solicitude asinada pola persoa designada para ese efecto no acta fundacional ou por representante da Asociación segundo os Estatutos dirixida á Xunta de Galicia. Delegación Consellería Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
    Delegación Provincial. Servizo de Interior.
    Edificio Administrativo Monelos - Praza Luis Seoane s/n 15071 A Coruña
    b. Nas Asociacións de Carácter Autonómico: A instancia dirixirase ao Ilmo. Sr. Director Xeral de Interior e Protección Civil

  • Acta fundacional por duplicado coas firmas orixinais das persoas asistentes á Asemblea na que se acorda constituír a asociación e desígnanse os membros dos órganos de goberno provisionais.

  • Dous exemplares dos Estatutosasinados en todas as súas follas con firmas orixinais de, polo menos, tres promotores co seu D.N.I.

  • Documentación acreditativa da personalidade:
    a. Se os promotores son persoas Físicas deberán remitir COPIA DO D.N.I.
    b. Se son persoas xurídicas certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que apareza a vontade de constituír a asociación e formar parte dela así como a designación da persoa física que a representará (quen tamén deberá acreditar a súa identidade coa remisión da copia do D.N.I). As persoas xurídicas acreditarán a súa existencia presentando copia compulsada de acta notarial de constitución ou calquera outro documento admitido en dereito a tal fin.
    c. Os promotores menores non emancipados maiores de 14 anos deberán achegar un documento acreditativo do consentimento da persoa que deba suplir á súa capacidade.

  • Taxas. Segundo la lexislación presupostaria vixente.