SOCIOS DE OURO E PRATA

O RC Deportivo rende cada ano unha merecida homenaxe concedendo as Insignias de Ouro aos socios que apoiaron durante 50 anos de forma ininterrompida ao Club no marco dun emotivo acto que pretende recoñecer o sentimento, a lealdade e fidelidade da masa social do Deportivo ao longo de cinco décadas de historia como abonado. Os homenaxeados reciben, ademais da distinguida insignia, un diploma acreditativo e o carné de ouro que permite ao titular acceder gratuitamente a todos os partidos do Deportivo no Estadio ABANCA-RIAZOR durante toda a vida.

A entrega de Insignias de Prata distingue aos socios Deportivistas que cumpren 25 anos de antigüidade de forma ininterrompida en recoñecemento polo apoio incondicional á entidade. Un acontecemento especial para todo socio que cumpre as súas vodas de prata e que o Club celebra anualmente dentro dun acto homenaxe onde están presentes os máximos representantes do RC Deportivo.

Desde 2016, o RC Deportivo conta con tres socios de platino, Jaime Presas Carbajo, Fefé García del Río e José Pereira Revuelta (socios 1, 2 y 3 do Club), ao alcanzar os 75 anos ininterrompidos de apoio incondicional ao Dépor.