ENTRADAS
O Real Club Deportivo pon a disposición de todos os seus afeccionados entradas para cada partido que disputa como local no Estadio ABANCA-RIAZOR.
Merca entradas para ABANCA-RIAZOR aquí
Os tickets tamén están á venda, de maneira presencial, nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivista, situada na zona de Palcos VIP de ABANCA-RIAZOR (Avenida de La Habana s/n 15011 A Coruña) na bancada de Preferencia, entre as portas 15 e 16 do Estadio. Aí, os accionistas, socios e afeccionados do Deportivo poden adquirir accións, renovar abonos, darse de alta como socios ou comprar entradas de público para os partidos.
O horario da Oficina de Atención ao Deportivista é de luns a venres de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas. Os sábados, se ese domingo o equipo xoga en ABANCA-RIAZOR ou por calquera outro motivo pertinentemente comunicado, permanecerá aberta de 10.30 a 13.30 horas. Os días de partido, para a venda de entradas só abrirán os despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor desde as 11.00 h. e até o comezo do partido para despachar localidades, dar de alta ou renovar abonos e atender calquera tipo de incidencia nos tornos de acceso ao Estadio.
Atención Telefónica: (+34) 981 25 95 00 (Ext. 1)
Correo electrónico: atencion.deportivista@rcdeportivo.es
Filtros
04/04/2000 17:33 |
Todos co equipo.
O Deportivo-Atlético, día da familia do socio
26/03/2000 19:30 |
Campionato Nacional de Liga. Xornada 30.
Real Club Deportivo-Real Oviedo.
09/03/2000 20:45 |
01/03/2000 16:06 |
01/03/2000 15:43 |