RCD / NOVAS

31/08/2020 13:51

Rayco Rodríguez Medina (As Palmas de Gran Canaria, 24 de novembro de 1996) converteuse hoxe en novo xogador do Fabril.

O extremo canario formouse como futbolista nas canteiras da UD Almenara e da UD Las Palmas, como paso previo a enrolarse nas filas da estrutura de fútbol base do Acodetti CF. O seu bo facer chamou a atención do Real Betis, ao que se incorporou en 2015. A posteriori, pasou polo CF Pobla de Mafumet, durante dúas temporadas, e a Polvorín FC (filial do CD Lugo) nas dúas últimas campañas.

Rayco, que acumula 22 partidos en Segunda División B, pode desempeñarse en ambas as bandas ou na media punta. O curso pasado, vestindo a camiseta branquivermella na Terceira galega, anotou 17 goles, converténdose no segundo máximo goleador da competición.