RCD / NOVAS

01/09/2020 10:08

O canteirán Manu Mosquera (A Coruña, 26 de xaneiro de 1999) incorporouse esta mañá á disciplina do Fabril.

O mediapunta coruñés estivo a pasada campaña cedido no Extremadura UD, onde disputou un total de 5 partidos en Segunda División.

O filial deportivista recibiu onte a confirmación por parte da Federación Española de Fútbol da data de inicio da competición en Terceira División, o 18 de outubro.