RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

156 socios recibiron onte a súa merecida insignia de prata

- Foto: Susi García - Un total de 156 socios, todos dados de alta en 1988 e por conseguinte con 25 añvos de antigüidade, recibiron na noite de onte na Praia Club, de mans do Consello de Administración do Real Club Deportivo,


- Foto: Susi García -

A semana completarase este xoves 19 coa homenaxe aos 11 socios de ouro que cumpren 50 anos ininterrompidos como abonados do Club.

Este acto foi suspendido o pasado ano por motivos económicos e recuperouse grazas ao apoio de Estrela Galicia, Grupo HPS e AON; tal e como Martín Pita, Conselleiro responsable da área Social, explicou e agradeceu ao iniciar o acto desta noite.

Xulio López Valcárcel tomou a palabra en representación dos socios de prata e expresou tamén o seu agradecemento ao Club por este recoñecemento.

Tino Fernández, Presidente do Deportivo, agradeceu aos homenaxeados a súa fidelidade e lembrou que a afección é o gran activo deste Club. Dixo o máximo dirixente branquiazul que o Dépor ten importantes retos por diante pero coa axuda de todos vanse a poder superar.

Coa foto tamaño mural do gol de Vicente Celeiro ao Racing de Santander (1988) e os trofeos do Club (Liga, 2 Copas e 3 Supercopas) como testemuñas mudas, todos os socios foron chamados ao escenario para recoller a súa insignia, de mans do Presidente e do Consello de Administración en pleno.

Estes son os 381 socios que entre hoxe e mañá reciben a súa insignia de prata do Real Club Deportivo.