RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

19 elixidos para despedir o ano no Carranza

O Dépor completou esta mañá en Abegondo a penúltima sesión de traballo da semana do partido que pechará 2018 para os branquiazuis (Cádiz-Dépor, Ramón de Carranza, sábado 22 de decembro, 20:45 horas, Movistar Partidazo). Durante algo máis de 90 minutos os xogadores de Natxo González traballaron a puntaría e os remates a portería xunto coa circulación de balón no derradeiro adestramento de todo o grupo.

Unha sesión que completou Gerard Valentín, polo que unicamente Carlos Fernández non compartiu tarefas cos seus compañeiros.

Á conclusión, o técnico blanquiazul deu a última lista do ano formada por 19 futbolistas, por se se producise algún contratempo na viaxe ou na sesión de activación de mañá ás 11:00 na cidade deportiva do Cádiz CF.

Após comer en Abegondo, os xogadores convocados iniciaron o desprazamento a Cádiz, nunha viaxe con este desenvolvemento:

Venres 21 de decembro
15:00: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino ao Aeroporto de Sevilla
16:25: Chegada aproximada ao Aeroporto de Sevilla e traslado en autocar a Cádiz
18:30 (hora aproximada): Chegada ao hotel Occidental Cádiz

Sábado 22 de decembro
20:45: Cádiz CF - Deportivo, no Estadio Ramón de Carranza

Domingo 23 de decembro
16:15: Saída do voo do Aeroporto de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña
17:40: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña