RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juanfran apunta que o equipo ten agora "un sinal de identidade claro"

Juanfran foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. Da acción do posible penalti sobre el mesmo na segunda parte onte do encontro de Copa ante o Alavés en Riazor e non sinalado polo colexiado do partido, confesou vela "só unha vez e non a quixen ver máis, porque é impotencia. É un penalti claro. É certo que cando o vexo repetido o árbitro non o ve porque ten un xogador diante. Sinceramente creo que non o ve porque se o ve, pítao. E o liña non llo di. Din que se escurre (o defensor vitoriano) pero cando se escurre, a perna xa a leva arriba".

Por este motivo, apunta que neste aspecto "non empezamos o ano con fortuna. Pitáronnos un canto menos dubidoso, que en directo parece moi claro. Pero o meu non deixa dúbidas".

O empate final na ida de oitavos de final da Copa do Rei, para Juanfran, supuxo "un alivio porque non estamos contentos. Non estivemos moi ben con balón, nos últimos metros non estivemos finos. Á hora dos centros non centramos ben onte. Faltounos un plus. Quizais despois das vacacións cústache un pouco máis. As baixas nótanse porque son xogadores importantes".

Nesta liña, cre que ao Dépor onte faltoulle "un pouquiño de claridade arriba que si estabamos a ter, sobre todo de precisión".

Con todo, o lateral deportivista, un dos futbolistas con maior progresión no persoal, queda co positivo: "O equipo ten un sinal de identidade clara, que non tivemos nestes tres anos que levo aquí. Somos un equipo correúdo, traballador, un equipo que ata o final segue. E xogamos a fútbol".

Apunta que "a entrada de Guilherme onte ao campo notouse. Temos unha idea de xogar a fútbol. Métese aí de mediocentro. Xogamos ben e cando temos unha idea, as cousas van ir ben. Creo que é o que nos está pasando".

Agora chega a liga ante o Espanyol, este venres 6 de xaneiro en Cornellá El Prat (20:45, Gol TV): "É un gran rival, está nun gran momento e ten grandes xogadores. É un partido bonito para xogalo, e creo que podemos xogar de ti a ti. Non me considero peor rival que eles. Creo que imos facer un gran partido. Necesitamos unha vitoria fóra de casa. É o momento perfecto, o día de Reyes, regalarnos unha vitoria".