RCD / NOVAS

Gaël Kakuta, novo xogador do Dépor

17/01/2017 12:38

Gaël Kakuta (21 de xuño de 1991, Lille - Francia) aterra no Deportivo cunha campaña e media de experiencia en LaLiga Santander e coa bagaxe de ser internacional francés en todas as categorías inferiores, sendo elixido mellor xogador do Europeo Sub 19 en 2010.

Kakuta, que evoluciona principalmente como extremo esquerdo, protagonizou un sonoro traspaso en idade xuvenil cando abandonou o Lens para recalar no Chelsea. Francés de orixe congoleño, Kakuta chegou a Londres, onde Didier Drogba foi o seu 'protector', para militar nas categorías inferiores dos 'Blues', con cuxo primeiro equipo debutou cando soamente tiña 18 anos, nun partido da Premier League fronte ao Wolverhampton Wanderers en Stamford Bridge.

Tras disputar 16 partidos en temporada e media, no mercado invernal do curso 2010-2011 foi cedido ao Fulham (7 partidos, 1 gol), no primeiro dos seis préstamos que viviu mentres foi propiedade do equipo inglés. Na campaña 2011-2012 militou primeiro no Bolton Wanderers (6 partidos, 1 gol) e despois no Dijon francés (16 partidos, 5 goles). Máis tarde atopou acomodo no Vitesse holandés, onde foi practicamente indiscutible (26 partidos, 1 gol) na súa primeira tempada, a 2012-2013, para perder protagonismo na 2013-2014 (14 partidos, 3 goles), que concluíu en Italia, coa Lazio, onde unicamente puido disputar 2 encontros.

O exercicio 2014-2015 supuxo un punto de inflexión para Kakuta, cedido ao Raio Vallecano, onde rendeu a un gran nivel (35 partidos, 5 goles), o que lle valeu un traspaso ao Sevilla, que pagou ao Chelsea uns 3,5 millóns de euros polos seus servizos. Con todo, no Pizjuán non callou (5 partidos, 1 gol) e foi vendido no mercado de inverno ao Hebei China Fortune por 5 millóns de euros. No país asiático, xogou 24 encontros e anotou 1 gol, nunha tempada na que o seu equipo finalizou na sétima praza.

A nivel internacional, Kakuta viviu o seu momento máis brillante cando conquistou o Campionato de Europa Sub-19 no ano 2010, torneo no que foi elixido mellor xogador. Na final, Francia bateu por 2-1 á España de Thiago, Rodrigo Moreno, Marc Bartra e Sergio Canles. Kakuta xogou nas seleccións Sub 16, Sub 17, Sub 18, Sub 19, Sub 20 e Sub 21 de Francia, totalizando 73 presenzas e marcando 23 goles.

Máis novas de: KAKUTA