RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os futbolistas branquiazuis dan por bo o punto logrado nas Palmas

Fernando Navarro e o goleador Florin Andone foron os protagonistas esta noite na zona mixta do estadio da UD Las Palmas.

Así, o lateral zurdo deportivista recoñeceu que "non saímos ben ao partido. Sometéronnos os primeiros 15 ou 20 minutos. A partir de aí o equipo espertou".

Sostén Navarro que o partido foi "unha parte para cada un. A pesar do seu dominio non tiveron grandes ocasións. Nós tampouco soubemos facer ocasións con superioridade numérica".

Pola súa banda, Florin Andone, de novo goleador esta noite cun tanto ao cabo decisivo, subliñou que "fixemos unha primeira parte moi mala. Las Palmas foi moi superior a nós. E unha segunda parte onde creo que reaccionamos, tivemos unha subida moral a partir do gol que metemos; e logo coa expulsión deles fomos ao ataque, a por todas, a tentar gañar o partido".

Quixo recalcar o pichichi deportivista que o encontro "foi moi difícil. Tiveron moita posesión, fixéronnos a vida bastante imposible, e onde tivemos a sorte de sacar un punto".