RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juanfran: "Non somos un equipo pequeno, somos o Deportivo"

Juanfran subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "preocupa e moito" non gañar no mes de xaneiro. "O mes de febreiro ten que ser o mes que nos ten que dar eses puntos para estar tranquilos para a permanencia. Hai que ir (a Bilbao este sábado 11 de febreiro ante o Athletic, 18:30, Bein Sports) con esa necesidade, como xogamos en novembro e decembro".

Apunta que "a situación é fodida. Estamos preto do descenso. Non porque haxa 6 puntos quere dicir que temos que estar tranquilos. Só temos 19 puntos. Debemos de esixirnos moito máis".

Nesta liña, apunta Juanfran que "nós somos moi bos xogadores. Emre, se fose vasco, xogaría no Athletic de titular. Seguro. E de aquí se fosen vascos moitos o Athletic quereríaos ter no seu equipo".

Por iso, subliña que "temos grandes xogadores e témosnolo/témonolo que crer. Témonos que crer que podemos estar máis arriba do que estamos na clasificación. Non podemos ter un pensamento pequeno". "Somos mellores xogadores do que estamos a mostrar nalgúns partidos. Noutros o facemos moi ben, a xente vaise moi contenta. E ese é o Dépor que temos que buscar. Cada un temos que dar máis. Eu persoalmente fóra de casa teño que dar moito máis. Hai un Juanfran en casa e un Juanfran fóra", engade.

Conclúe desta forma o seu razoamento: "Non somos un equipo pequeno. Somos o Deportivo".

Preguntado sobre os centos de deportivistas que animarán ao equipo desde as bancadas de San Mamés, o defensor branquiazul opina que "temos unha afección como o que é o Deportivo, unha afección grande. Temos que tentar crecer na clasificación para darlles máis alegrías á afección, para empezar a gozar un pouco máis disto. E para pelexar por cousas que podemos pelexar co cadro que hai agora mesmo. Estes meses temos que demostrar que podemos dar máis".

Pide a partir de agora "dar un plus, xogar ben, xogar intensos e demostrar que o Deportivo é un equipo grande. A afección vai aos campos, en Eibar había unha chea de afección. Vas ás Palmas e hai afección. Hai afección en todos os campos. Somos un equipo que temos que dar un plus".