RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaizka Garitano traballou esta mañá con 10 futbolistas

Dez futbolistas adestráronse esta mañá no campo 3 de Abegondo ás ordes de Gaizka Garitano: Bruno Gama, Marlos Moreno, Laure, Álex Bergantiños, Luisinho, Arribas, Mosquera, Fayçal, Joselu e Ola John.

Ademais dun quecemento, houbo un exercicio de posesión, un traballo de forza e, para concluír, un partido en espazo reducido.

Os titulares onte á noite en San Mamés realizaron un adestramento de recuperación ás ordes do preparador físico José Ángel Franganillo.

Davy Roef, único futbolista de baixa médica, adestrouse co readaptador Fran Molano.

Mañá luns haberá xornada de descanso. O primeiro equipo adestrarase de novo na cidade deportiva o martes 14 de febreiro ás 11:00 horas.