RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa aos adestramentos cunha esixente sesión física

O primeiro equipo volveu esta mañá aos adestramentos para o encontro deste sábado 18 de febreiro en Riazor ante o Alavés (18:30, Bein Sports) cunha esixente sesión física.

Con todo o cadro sobre o céspede, os futbolistas tiveron traballo de forza; accións defensivas con finalizacións; e, para concluír, partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Davy Roef, que se recupera dunha escordadura de nocello, adestrouse co readaptador, Fran Molano.

Hoxe exercitáronse cos preparadores de porteiros Manu Sotelo e David Fernández os metas xuvenís Chema e Francis.

Mañá mércores, os futbolistas están citados de novo ás 11:00 en Abegondo.