RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Xogar fóra como xogamos en casa", a solución de Çolak para gañar lonxe de Riazor

Emre Çolak, tras recoller en Abegondo o Premio ao Xogador Estrella pertencente ao pasado mes de xaneiro, confesou aos medios de comunicación estar "moi orgulloso. Pero estariamos máis orgullosos se gañásemos os partidos".

Do seu gol do pasado sábado en San Mamés, o internacional turco advirte que "durante os partidos tento facer goles así. Se gañásemos estaría máis feliz. Como non puidemos gañar o partido, non puiden celebralo".

Recoñece que "nos afecta" o feito de non poder gañar fóra. Pide para remediar isto, "xogar fóra como xogamos en casa".

O centrocampista branquiazul subliña que "temos que loitar máis. O adestrador sempre nos di iso. Xogamos moi ben pero fáltanos loitar, especialmente nos últimos minutos temos que loitar máis".

Emre cre que por xogo, o Deportivo "non se merece esta posición. Merecemos estar máis arriba. Perdemos puntos que non mereciamos perder".

Malia que hai equipos que por detrás cústalles puntuar, ao futbolista turco non lle preocupa: "Non nos importa. Temos que gañar os partidos".