RCD / NOVAS

O Real Club Deportivo rescinde o contrato de Gaizka Garitano

26/02/2017 21:45

O Consello de Administración do Real Club Deportivo tomou a decisión de rescindir o contrato de Gaizka Garitano como adestrador do equipo. O Club quere agradecer sinceramente ao técnico vasco e ao seu equipo de traballo a dedicación, o esforzo e a profesionalidade que demostraron durante esta etapa que dirixiron ao equipo.

Gaizka Garitano acudirá mañá á Cidade Deportiva de Abegondo para despedirse de todos os compañeiros do Real Club Deportivo e posteriormente comparecer ás 10:30 horas na sala de prensa ante os medios de comunicación.

Cristóbal Parralo, adestrador do Deportivo B,acompañado por Javier Manjarín e Julio Hernando, dirixirá a sesión de adestramento planificada para mañá ás 11:00 h. en Abegondo.