RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os xogadores da Liga Social Cidade da Coruña - RC Deportivo visitan Riazor

A un mes da finalización da Liga Social Cidade da Coruña - RC Deportivo, os xogadores que forman parte dos 14 equipos das entidades sociais da cidade participantes nesta liga realizaron unha visita ao Estadio Municipal de Riazor dentro das accións programadas dentro deste proxecto.

Distribuídos en tres quendas de 25 persoas cada un, coñeceron as instalacións do estadio municipal coruñés nunha visita guiada na que tamén descubriron os detalles máis destacados dos 111 anos de historia do Club e os máis de tres cuartos de século do templo deportivista.

En xullo concluirá a Liga Social Cidade da Coruña - RC Deportivo, torneo onde os gañadores recibirán os trofeos coa participación institucional do Deportivo.

Nesta terceira edición, a competición conta coa participación do Concello da Coruña, o Real Club Deportivo e Reale Seguros como patrocinadora dos seguros da actividade deportiva.