RCD / NOVAS

Borges e Guilherme coinciden en apuntar a dureza da pretemporada

20/07/2017 21:40

Celso Borges e Guilherme atenderon aos medios de comunicación ao finalizar o partido nas Somozas, que acabou cun novo triunfo (1-6) deportivista.

Así, o internacional costarriqueño manifestou que a pretemporada está a ser "dura. A carga de traballo estas semanas foi bastante forte".

Sobre o partido, recoñeceu que o Somozas foi, ata agora, "o rival máis duro, que máis pegou". Ante iso, apuntou que "tratamos de manter a calma".

Pola súa banda, Guilherme sinalou que "estamos cansos, pero mellorando fisicamente".

O centrocampista brasileiro, ante o sorteo do calendario de mañá venres, prefire "empezar en casa, coa afección apoiando xa". En calquera caso, sexa no Estadio ABANCA-RIAZOR ou fóra, pide "xogar ben e conseguir unha vitoria".

Máis novas de: BORGES, GUILHERME