RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Punto agridoce do Fabril en San Sebastián de los Reyes

O Fabril sumou esta mañá (0-0) en San Sebastián de los Reyes un punto agridoce, en partido correspondente á 21ª xornada no grupo 1º da Segunda División B.

O resultado é positivo porque lonxe de Abegondo calquera punto é benvido e porque supón alcanzar os 40 puntos e igualar ao Rayo Majadahonda na segunda praza.

No entanto, o rumbo e o resultado do partido puido ser outro debido a que no minuto 12, o conxunto madrileño sufriu a expulsión de Rubén Mesa. O Fabril, incómodo sobre herba sintética, non foi capaz de aproveitar esta circunstancia.

Iso si, dispuxo das mellores oportunidades do encontro, nos pés de Uxío ou Queijeiro.

O filial deportivista ademais viuse obrigado na primeira metade a substituír a Martín Bengoa. O fabrilista recibiu unha patada involuntaria na cabeza, que lle produciu un trauma nasal e facial. Atendido nun centro hospitalario madrileño, Martín Bengoa regresou co resto do equipo á Coruña e pasará control nas próximas horas polos Servizos Médicos do Club.

Fabril: Francis, Blas, Quique Fornos, One, Lucas, Edu Expósito, Diego Caballo, Gaizka, Uxío, Martín Bengoa e Borja Galán. Tamén xogaron: Romay, Queijeiro e Pedro.

O domingo 14, o Fabril recibe ao Racing de Ferrol, a partir das 12:00 en Abegondo.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnastica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - CD Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0