RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

24.605 deportivistas xa teñen o seu abono do Dépor. Renova mañá en liña e conserva o prezo actual

Hoxe pechouse, en parte, a segunda fase da campaña de abonos do Real Club Deportivo, con 24.605 socios, ao concluír o último día para facerse socio na Oficina de Atención ao Deportivista de cara á Temporada 2017-2018 cos prezos iniciais da campaña. Mañá é día festivo, polo que OAD non abrirá as súas portas pero si será posible renovar cos prezos actuais a través de internet, na páxina abonos.rcdeportivo.es.

A partir do mércores, os prezos dos abonos sufrirán un incremento do 10%, como se reflicte no dossier da campaña de abonados que pode consultarse aquí.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

As entradas para o partido da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid véndense desde o sábado unicamente no interior da OAD. A partir do mércores continúan a disposición de todos os afeccionados no horario habitual da OAD, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén se poden adquirir entradas para o Deportivo - Real Madrid a través de internet na páxina www.rcdeportivo.es/entradas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es  ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.