RCD / NOVAS

457 Deportivistas formarán a nosa forza no Sardinero

25/10/2019 17:32

Case 500 deportivistas estarán mañá no Estadio do Sardinero acompañando e animando ao equipo nun dos desprazamentos esperados da temporada. 457 afeccionados ocuparán a bancada visitante do recinto cántabro a título individual ou representando a algunha das 37 peñas que terán membros na capital santanderina.

As peñas representadas son: Chamberí, Caramuxo, 15 de maio, Non Vale Furar, Teixeiro, Ciclón Blanquiazul Ortigueira, Arlanzón, Uxes, Montaos no Dépor, Rebumbio, Chaflán, Ventorrillo, La Estrella, Os que faltaban, Lukas y sus amigos, Vila 46, Perla de Arousa, O Padriño, Verín, Al sur de Riazor, Cambresa, La cabaña del cazador, Os mariñeiros, Camándulas RCD, 1906, Rías Baixas, El Bierzo, Noroeste Turco, Mazaricos, Brigantium, Rompeolas, Viveiro, Fila 001, Buddha, La Cuesta, Orgullo Koruño y Centenariazo.