RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

50% de desconto para Socios Protectores do Deportivo na DéporClínica durante o mes de outubro

Os Socios Protectores do Real Club Deportivo poden beneficiarse durante o mes de outubro de máis vantaxes asociadas ao seu carné da Temporada 2020·2021.

Neste caso dun desconto do 50% nunha sesión de fisioterapia ou unha consulta de nutrición. En ambos os casos, antes do 31 de outubro ou até completar citas dispoñibles, o Socio Protector só deberá abonar 19 euros para unha sesión de fisioterapia valorada en 39; ou 25 euros para unha consulta de nutrición valorada en 50 euros.

Para iso, unicamente hai que notificalo no momento de concertar a cita no 981 148 105 ou na propia DéporClínica e mostrar o carné de Socio Protector do Deportivo da Temporada 2020·2021 no momento de efectuar o pago.

A DéporClínica é o Centro de Fisioterapia, Podoloxía e Nutrición do RC Deportivo no que, os socios do Club e o público en xeral poden acceder a 400 metros cadrados de instalacións dotadas dos mellores profesionais e medios para o tratamento dos problemas físicos.

- Fisioterapia: especialistas no tratamento de lesións deportivas. Readaptación deportiva. Tratamento da dor de costas e outras especialidades clínicas como a osteopatía e a fisioterapia respiratoria.
- Podoloxía: análise biomecánico e estudo da marcha.
- Nutrición: optimización do rendemento deportivo, perda de peso, nutrición clínica.

Se es Socio Protector do RC Deportivo, infórmate e aproveita esta promoción

DéporClínica:
Rúa Manuel Murguía, 14
15011 A Coruña
981 14 81 05
deporclinica@deporclinica.com