RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

53 nenos e nenas participan no DéporCampus Cabreiroá Indoor

53 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos participan desde o pasado mércores 26 na segunda edición do Dépor Campus Cabreiroá Indoor que se celebra nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña na Grela e Pádel Plus en Alvedro.

Cun grupo de 20 futbolistas na pista de Culleredo e o resto na coruñesa, os nenos e nenas gozarán desta actividade de lecer e formativa todas as mañás de 10 a 14 h. até o vindeiro domingo, cando se porá punto final á cita coa entrega de diplomas e o sorteo de agasallos entre os participantes.