RCD / NOVAS

A Asociación de Clubes Galegos de Fútbol premia ao Deportivo ABANCA, este venres 28 en Santiago

26/06/2019 21:05

A Asociación de Clubes Galegos de Fútbol decidiu premiar ao Deportivo ABANCA polo seu ascenso á Liga Iberdrola.

Será con motivo da 10ª gala anual da citada asociación, prevista para este venres 28 de xuño ás 20:30 horas na Sala Obradoiro do Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.