RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A barreira dos 17.000 socios cae a catro días do Teresa Herrera

A Oficina de Atención ao Deportivista tramitou máis de 1.200 carnés este martes, para que o total de socios deportivistas supere os 17.000 a catro días da disputa da 72ª edición do Trofeo Teresa Herrera.

A OAD expediu hoxe 1.276 carnés, dos que 70 foron novas altas e 257 renovacións a través de internet. Deste xeito, o total alcanza xa os 17.016 abonados para o curso 2017-2018.

O RC Deportivo lembra aos que foron socios a campaña pasada que só teñen ata o vindeiro sábado para manter a súa localidade. O vindeiro luns quedarán liberados todos os asentos dos deportivistas que non renoven o seu abono.

Reserva a túa cita para a data marcada no calendario para cambios de localidade.

-Socios: cambio de localidade só con cita previa, do 7 ao 9 de agosto
-Socios: cambio de localidade sen cita previa, 10 de agosto
-Novas altas: desde o 11 de agosto

O vindeiro sábado, a OAD ampliará o seu horario, pois abrirá como un día de semana, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, unicamente para venda de abonos. Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes abrirán desde a 11:00 horas ata o inicio do partido entre Deportivo e West Bromwich Albion soamente para venda de entradas do Teresa Herrera.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD abren mañá mércores no seu horario habitual, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20.00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.