RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A barreira dos 23.000 abonados caerá mañá na OAD

A última xornada que tiñan os socios do RC Deportivo para realizar cambios de localidade pechouse acariñando a barreira dos 23.000 abonados, que caerá mañá venres.

A Oficina de Atención ao Deportivista tramitou este xoves un total de 345 carnés. Deles, 11 corresponderon a renovacións a través de internet, para alcanzar o total de 22.975 socios.

Reserva a túa cita se queres facerte novo socio do RC Deportivo, a partir de mañá venres, en horario continuo de 10:00 a 20:00 horas, o sábado en horario matinal de 10:30 a 13:30 horas e a semana que vén no horario habitual, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

As entradas para o partido da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid unicamente venderanse mañá venres nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes por último día, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. A partir do sábado 12 estarán en venda unicamente no interior da OAD, que abrirá ese día de 10:30 a 13:30 horas. E a partir do luns no horario habitual da OAD, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén se poden adquirir entradas para o Deportivo - Real Madrid a través de internet na páxina https://www.rcdeportivo.es/entradas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.