RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A boa tempada no Dépor achega a Fayçal á selección de Marrocos

A boa tempada que está realizando Fayçao Fajr achega ao atacante deportivista á Selección de Marrocos.

De momento, Fayçal figura nunha preconvocatoria de 26 futbolistas para o encontro do próximo xoves 12 de novembro ante Guinea Ecuatorial no Estadio de Agadir; e o do domingo 15 en Bata (Guinea Ecuatorial), en eliminatoria de clasificación para o Mundial de Rusia 2018.

Jonathan Rodríguez, citado por Uruguai para dous partidos oficiais

O futbolista do Deportivo Jonathan Rodríguez foi convocado pola Selección de Uruguai para dous partidos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018, previstos o próximo mes de novembro.

Concretamente, Uruguai visita a Ecuador o xoves 12 e recibe a Chile o martes 17 de novembro.