RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A campaña especial #CorazónBranquiazul #SangueGalego supera as 6.000 doazóns de sangue

Até o próximo día 15 de abril continúa en marcha a campaña especial que desenvolve a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da man do RC Deportivo e o RC Celta de Vigo, coa colaboración da Federación Galega de Irmandades de Doantes, para incrementar a sensibilización dos cidadáns sobre a doazón de sangue.

Desde o 19 de marzo até o 4 de abril producíronse 6.177 doazóns de sangue (das que 395 foron doantes novos). Isto significa unha media de 515 doazóns cada xornada e logrouse atender todas as necesidades dos hospitais nun período tan complicado como a Semana Santa. Se o comparamos co mesmo período da semana previa a Semana Santa do pasado ano, podemos concluír que se produciu un incremento do 35% na participación e un 12% nos doantes novos.

A campaña informativa continuará até o 15 de abril e, debido á gran afluencia de doantes, vaise a garantir que todos as persoas que participen reciban esta camiseta solidaria.

Non te quedes sen participar e sen a túa camiseta de #CorazónBranquiazul #SangueGalego en calquera das unidades móbiles de ADOS ou nos centros de doazón das grandes cidades.