RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A case totalidade do cadro adéstrase con Fernando Vázquez a 2 días de recibir ao Girona

O Deportivo, a 2 días de recibir ao Girona FC en ABANCA-RIAZOR (venres 14 de febreiro, 21:00 horas, Gol), adestrouse esta mañá no céspede con 22 dos 23 futbolistas do primeiro cadro, ademais dos fabrilistas Mujaid e Álex Cobo.

Con Christian Santos e Salva Ruiz dispoñibles, o técnico galego agarda o visto e prace definitivo dos Servizos Médicos por Sabin Merino. O ariete branquiazul completou con normalidade o que vai de semana, tal e como el mesmo apuntou onte en rolda de prensa, após recibir o Premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro.

Así pois, só o dianteiro Claudio Beauvue está á marxe do grupo, hoxe tamén con permiso do corpo técnico para non pasar por Abegondo.

Fernando Vázquez dispuxo hoxe, após un traballo de core no ximnasio, un quecemento, uns rondos e unha serie de exercicios tácticos xa de cara ao choque ante os cataláns. A mañá, que transcorreu boa parte cunha intensa néboa, concluíu cunha tarefa de finalizacións para os atacantes e fútbol-tenis voluntario.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase en Abegondo a partir das 10:30 horas.