RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A case totalidade do cadro do Dépor ABANCA regresa esta tarde aos adestramentos

O cadro do Deportivo ABANCA terá desde esta tarde o visto e prace dos Servizos Médicos para retomar os adestramentos.

As quince xogadoras confinadas nos últimos dez días por ser contactos estreitos cunha persoa positiva en COVID-19 pasaron onte unha proba PCR, resultando todas negativas excepto unha, que seguirá en illamento tal e como establecen as autoridades sanitarias.

Así pois, as futbolistas volverán hoxe ao traballo ás 17:30 en Abegondo, nunha semana sen fútbol na Primera Iberdrola, posto que o Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol atendeu a solicitude do Real Club Deportivo para a suspensión do partido correspondente á 7ª xornada de Primera Iberdrola ante o Rayo Vallecano (que xa se aprazou por primeira vez o pasado 5 de novembro por un caso positivo no conxunto local) e que debía disputarse hoxe mércores 13 de xaneiro ás 16:00 h. na Ciudad Deportiva Fundación Rayo Vallecano.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 13 de xaneiro
17:30 h

Xoves 14 de xaneiro
17:30 h

Venres 15 de xaneiro
17:30 h

Sábado 16 de xaneiro
10:00 h

Domingo 17 de xaneiro
Descanso