RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A Copa Deputación, rivais de pompa e galardóns internacionais marcaron a pretemporada do Deportivo ABANCA

Adeus á pretemporada do Deportivo ABANCA onte en Lisboa. Atrás quedan seis intensas semanas de preparación coa conquista da terceira Copa Deputación consecutiva; rivais de pompa como o Athletic Club ou o EDF Logroño de Liga Iberdrola; Sporting Braga ou onte o propio Benfica no Estadio da Luz de Lisboa; e premios internacionais coa medalla de ouro para Teresa e Malena no Europeo sub-19; e a medalla de prata para Nuria Rábano no Mundial sub-20.

O balance a nivel preparatorio é sobresaliente, dada a esixencia á que moitos rivais someteron ás xogadoras branquiazuis. O conxunto que prepara Manu Sánchez logrou 5 vitorias, 2 derrotas e 1 empate; cun total de 41 goles a favor e tan só 10 en contra.

As máximas goleadoras foron, con 4 dianas: Lía, Iris e Alba Suárez. Con 3 goles quedaron: María Calvo, Patri López, Peke e Teresa. Érika, Sara Piñeiro e Gaby marcaron 2 dianas; mentres que tamén estrearon a súa marcadora goleadora, con 1 tanto: Alba Merino, Carlota, Miriam, Cris, Silvia Mérida, Michelle Romero, Ali Muñoz, Laura e Patri Rúa.

Agora, toca pensar xa na liga no grupo 1º de Segunda División Nacional, o vindeiro domingo 9 de setembro ás 12:00 horas en Abegondo ante o PM Friol CD Lugo.

Así transcorreu a pretemporada do Deportivo ABANCA:

Sábado 4 de agosto, campo de La Eragudina (Astorga): Deportivo ABANCA 2 (Lía e Alba Merino) - EDF Logroño 0
Domingo 5 de agosto (Copa Deputación, oitavos de final), Anexo das Eiroas (Carballo): Bergantiños 0 - Deportivo ABANCA 13 (María Calvo -2-, Érika -2-, Carlota, Iris -3-, Patri López -3- e 2 goles en propia meta)
Domingo 12 de agosto (Copa Deputación, cuartos de final), San Pedro de Visma 1: Imperátor 0 - Deportivo ABANCA 13 (Lía -2-, Peke -2-, Alba Suárez -3-, María Calvo, Sara Piñeiro -2-, Miriam, Cris e Silvia Mérida)
Sábado 18 de agosto, Cidade Deportiva de Abegondo: Deportivo ABANCA 0 - Sporting Braga 3
Domingo 19 de agosto (Copa Deputación, semifinais): Deportivo ABANCA 6 (Michelle Romero, Ali Muñoz, Lía, Teresa, Gaby e Alba Suárez) - Victoria FC 0
Mércores 22 de agosto, Ponte dos Brozos de Arteixo, (Copa Deputación, final): Deportivo ABANCA 4 (Laura, Teresa, Iris e Patri Rúa) - Victoria CF 0
Sábado 25 de agosto (Trofeo Villa de Jovellanos): Deportivo ABANCA 1 (Teresa) - Athletic Club 5
Sábado 1 de setembro, Estadio da Luz (Lisboa): Benfica 2 - Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke)