RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A Coruña despediu ao pintor Abelenda, que foi atleta do Deportivo

O pintor coruñés Abelenda, cunha intensa e extensa traxectoria artística, deportiva e vital ás súas costas, faleceu este xoves aos 87 anos, ao non recuperarse dunha infección após ser intervido dunha peritonite.

Máis coñecido polo seu lonxevo labor como pintor e humorista gráfico, Alfonso Pedro Abelenda Escudero, foi atleta nos seus anos mozos. Abelenda, nacido na Coruña o 5 de outubro de 1931, formou parte da sección de atletismo do RC Deportivo e mesmo se proclamou campión de España de categoría xuvenil na proba dos 110 metros valados, no ano 1949.

O RC Deportivo, ademais de lembrar a súa figura e o seu paso polo Club, desexa mostrar as súas máis sentidas e sinceras condolencias a familiares e amigos de Abelenda. DEP.