RCD / NOVAS

A DéporTienda de ABANCA-RIAZOR, novo punto de venda permanente de entradas do Dépor

24/03/2019 11:00

O Real Club Deportivo continúa mellorando a atención a todos os Deportivistas permitíndolles acceder a maior cantidade de produtos do Club no maior número de localizacións posibles. Por iso pon en funcionamento un novo punto de venda permanente de entradas do Dépor na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR.

A partir do luns 25 de marzo de 2019 xa será posible comprar entradas para calquera partido que o Deportivo xogue no Estadio ABANCA-RIAZOR acudindo á DéporTienda do Estadio coruñés.

Ademais de ampliar o número de puntos de venda con este novo servizo amplíase tamén o horario para poder adquirir entradas en ABANCA-RIAZOR, xa que se poden comprar en calquera momento dentro do horario de apertura da DéporTienda: de luns a sábado de 10:00 a 20:30 h.

Ademais da compra directa, na DéporTienda de ABANCA-RIAZOR tamén se poderán recoller as entradas compradas online desde a web do Dépor a través do sistema de ticketing de ABANCA.

Por tanto, desde o luns 24 de marzo, os deportivistas poden adquirir entradas en:

- Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. Sábados vespera de partido en casa de 10:30 a 13:30 h.
- DéporTienda de ABANCA-RIAZOR, de luns a sábado de 10:00 a 20:30 h.
- DéporTienda de Marineda City, de luns a sábado (e festivos de apertura comercial) de 10:00 a 22:00 h. e días de partido (excepto domingos) de 10:00 a inicio de partido.
- Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor: días de partido desde as 11:00 e até o inicio do partido.

O resto de xestións dos Deportivistas (abonos, accións, atención ao socio e accionista...), ademais da propia venda de entradas, continuarán realizándose na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres.