RCD / NOVAS

A DéporTienda de Marineda City, novo punto de venda permanente de entradas do Dépor

26/02/2019 12:47

O Real Club Deportivo continúa mellorando a atención a todos os deportivistas para poder acceder a maior cantidade de produtos do Club no maior número de localizacións posibles. Por iso pon en funcionamento un novo punto de venda permanente de entradas do Dépor na DéporTienda de Marineda City.

A partir do mércores 27 de febreiro de 2019 xa será posible comprar entradas para calquera partido que o Deportivo xogue no Estadio ABANCA-RIAZOR acudindo á primeira planta do centro comercial coruñés. Ademais de ampliar o número de puntos de venda e as facilidades de aparcadoiro, con este novo servizo amplíase tamén o horario para poder adquirir entradas, xa que se poden comprar en calquera momento dentro do horario de apertura da DéporTienda: de luns a sábado (e festivos de apertura comercial) de 10:00 a 22:00 h.

Ademais da compra directa, na DéporTienda de Marineda City tamén se poderán recoller as entradas compradas online desde a web do Dépor a través do sistema de ticketing de ABANCA.

As entradas promocionais, como as dispoñibles para os 3 próximos partidos no Estadio ABANCA-RIAZOR, tamén se poden adquirir na DéporTienda de Marineda City:

O resto de xestións dos Deportivistas (abonos, accións, atención ao socio e accionista...), ademais da propia venda de entradas, continuarán realizándose na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. de luns a venres.