RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A deportivista Athenea, sen minutos hoxe no triunfo de España ante Bélxica

- Foto:@SeFutbolFem -

A xogadora do Deportivo ABANCA Athenea del Castillo está concentrada na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael con motivo de dous partidos amigables da selección española absoluta aproveitando a data FIFA deste mes de xuño.

O combinado nacional feminino mediuse a Bélxica hoxe xoves 10 de xuño no Municipal de Santo Domingo en Alcorcón. Venceron claramente as españolas (3-0) e Athenea non chegou a saltar ao terreo de xogo.

Dinamarca, o martes 15 (19:30, #Vamos) no mesmo escenario, será o segundo compromiso co combinado nacional para a atacante do Deportivo ABANCA.

A centrocampista branquiazul, que recibiu en marzo o premio Fútbol Draft de Oro 2019-2020 como interior dereita pola súa irrupción en Primera Iberdrola a pasada temporada, fixo historia o pasado 23 de outubro de 2020 no Estadio de La Cartuja de Sevilla ao converterse na primeira xogadora do Deportivo ABANCA en debutar na selección española absoluta, e con tan só 19 anos.

Eva Dios incorpórase mañá venres aos adestramentos co Dépor ABANCA

A canteirá do Deportivo ABANCA, Eva Dios, repetiu convocatoria coa selección española sub-19 para uns adestramentos, que nesta ocasión tiveron lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi até hoxe xoves 10 de xuño.

A futbolista galega, unha das revelacións da Primera Iberdrola esta temporada, xa participou nunha concentración do equipo nacional o pasado mes de febreiro, aquela vez en Marbella.

Polos seus bos resultados, España quedou exenta de disputar a rolda de clasificación para o Campionato de Europa da categoría. Iso si, neste mes de xuño, en formato playoff, debe disputar o pase á fase final do mes de xullo en Bielorrusia.

Eva Dios regresou á Coruña esta tarde e incorporarase aos adestramentos co Dépor ABANCA mañá mesmo.

A semana pasada, outra canteirá do Deportivo ABANCA, Paula Novo, estivo concentrada con España sub-17, tamén en Alfaz del Pi.