A deportivista Carlota debuta como titular con España no Europeo sub-17
Foto: - @SEFutbolFem -
A xogadora do Deportivo ABANCA B Carlota Sánchez está concentrada coa selección española sub-17 na Fase Final do Campionato de Europa da categoría.
Carlota debutou hoxe ante Dinamarca no once inicial español. Xogou 64 minutos, ata que foi relevada por Julia Bartel.
O choque acabou en igualada (0-0), aínda que a selección española, vixente campioa, gozou de innumerables ocasións de gol, até un total de 24 disparos a porta.
A próxima cita para España será o mércores 8 de maio fronte a Bulgaria, anfitrioa.
O calendario de España, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Domingo 5 de maio ESPAÑA 0 - DINAMARCA 0
Mércores 8 de maio 16:00: BULGARIA - ESPAÑA, en Balchik
Sábado 11 de maio 14:00: PORTUGAL - ESPAÑA, en Dobrich
As dúas primeiras de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o martes 14 de maio en Dobrich e Kabarna.
Carlota segue os pasos dados con anterioridade por outras xogadoras deportivistas como Teresa Abelleira, Nuria Rábano e Malena Mieres, tamén internacionais en categorías inferiores.
Por este motivo, a atacante branquiazul non pode xogar co seu equipo, o Deportivo ABANCA B, os 3 últimos partidos de liga: ante o CP Alertanavia (o pasado mércores 1 de maio), a visita do Viaxes InterRías FF a Abegondo (hoxe domingo 5 de maio) e o encontro en Vigo ante o Sárdoma CF B (domingo 12 de maio), correspondentes ás xornadas 28, 29 e 30 respectivamente na Primeira Autonómica.