RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A deportivista Elena Vázquez, citada pola selección española sub-17 para un amigable ante Alemaña

A canteirá deportivista Elena Vázquez foi convocada para disputar un amigable ante Alemaña este xoves 12 de xaneiro ás 11:00 no Marbella Football Center.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, a defensa orzanista é titular no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica (categoría sénior) e tamén goza de minutos no Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Nacional.

Elena Vázquez, que se concentrou hoxe luns 9 de xaneiro co combinado nacional, disputou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, no que logrou o billete para a seguinte fase.