RCD / NOVAS

A deportivista Lucía Lorenzo segue os pasos de Lía e xogará a próxima temporada en Estados Unidos

16/06/2021 19:24

A dianteira do Deportivo ABANCA B Lucía Lorenzo Parga (A Coruña, 22 de xaneiro de 2002) segue os pasos da súa compañeira no primeiro equipo Lía e marcharase a xogar a Estados Unidos a próxima temporada.

O ariete branquiazul xogará no Louisiana State University (LSU) Eunice Bengals, que milita na Primeira División da NJCAA; e aproveitará para continuar os seus estudos superiores nesa universidade.

Lucía Lorenzo, procedente do Orzán SD, completou tres temporadas no Deportivo ABANCA B. Esta campaña, en Primeira Nacional, disputou un total de 14 partidos e anotou 4 dianas.

O Real Club Deportivo quere desexar a Lucía Lorenzo moita sorte e moitos éxitos nesta nova etapa na súa carreira deportiva.