RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A deportivista María Méndez marca na goleada de España sub-19 a Italia

- Foto: @SeFutbolFem -

A xogadora do Deportivo ABANCA María Méndez foi convocada pola selección española sub-19 para dous partidos amigables ante Italia.

Hoxe martes 3 de setembro, España goleou (5-0) a Italia. María Méndez saltou na segunda metade en substitución de Naroa Uriarte e anotou un tanto, o segundo das españolas, no minuto 61.

O primeiro dos partidos foi o pasado domingo 1 de setembro. O triunfo tamén foi hispano (2-1), con María Méndez esta vez no once inicial. A futbolista branquiazul xogou todo o encontro.

Ambos os encontros tiveron como escenario as instalacións do Pinatar Arena Football en San Pedro de Pinatar (Murcia).

María Méndez, xunto a Teresa Abelleira e Athenea, acaba de disputar con España o último campionato de Europa en Escocia, no que as españolas caeron en semifinais ante Francia.