A deportivista Nuria Rábano logra con España a clasificación para o Campionato de Europa Sub-19
Foto: - @SEFutbol -
A deportivista Nuria Rábano logrou coa Selección Española Sub-19 clasificarse para o Campionato de Europa da categoría, que se celebrará no mes de agosto en Irlanda do Norte.
Hoxe mércores 31 de maio, a Selección, con Nuria de titular e dando unha asistencia, derrotou a Bélxica (3-1) na terceira e última xornada do Mini Torneo Elite de Hungría. A atacante do Deportivo Abanca foi substituída no minuto 72 por Peiro Jiménez, xa con 3-0 no marcador e todo sentenciado.
Nuria foi titular e xogou todo o partido o pasado domingo na segunda xornada fronte a Hungría (3-0) e saltou ao céspede no minuto 50 no primeiro encontro da competición ante Rusia (3-1).
Os resultados de España Sub-19 foron os seguintes: